A Pobra de Trives dedica o luns de Entroido aos máis pequenos
RibeiraSacraXa
A partir das 16.30 horas na Praza do Pilón haberá unha festa infantil con música e chocolata

3 Mar 2025
O Concello da Pobra de Trives organiza este luns, 3 de marzo, unha festa infantil con gallo do Entroido de 2025, que dará comezo ás 16.30 horas na Praza do Pilón. Durante a xornada haberá música e unha gran chocolatada para os nenos e nenas da vila, que serán os protagonistas deste Luns de Entroido.
Pola súa conta, este martes, 4 de marzo, terá lugar o Desfile de Comparsas e Folóns de Entroido no concello. A cita arrancará as 17.00 horas, enchendo de música e cor as rúas da vila.