A Pobra de Trives conmemorará o Día Internacional da Muller Rural cun encontro feminista no Auditorio

O Concello da Pobra de Trives, a través do CIM, organiza este mércores, 15 de outubro, unha xornada feminista no Auditorio Xulio Vázquez que servirá como encontro para rachar estereotipos e poñer en valor o papel das mulleres rurais en favor da cultura, a arte ou educación, entre outros moitos ámbitos.
A xornada reunirá unha colección de entrevistas a mulleres que deixar a pegada no rural grazas ás súas acción e acollerá a presentación do libro ‘Momento estelar’. Será un punto de encontro de distintas voces para celebrar a historia das mulleres no rural.