A Pobra de Trives celebrará o 25N cunha charla da escritora Coral Herrera

RibeiraSacraXa
A autora ofrecerá unha conferencia titulada “A Revolución amorosa e outras formas de quererse” o martes 25 de novembro no Auditorio Xulio Vázquez
coral-herrera-trives
11 Nov 2025

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres, o Concello da Pobra de Trives acollerá o martes 25 de novembro, ás 17:00 horas, no Auditorio Xulio Vázquez, a charla “A Revolución amorosa e outras formas de quererse”.

A sesión estará a cargo da escritora e pensadora feminista Coral Herrera, unha das voces máis influentes na reflexión sobre o amor romántico e as súas consecuencias sociais.

Autora de obras como “Mujeres que ya no sufren por amor” ou “El contrato amoroso”, Coral Herrera propón unha revolución baseada en quererse doutro xeito, desde a liberdade, a igualdade e o coidado colectivo.

⚙ Configurar cookies
0.066786050796509