A Pobra de Trives celebra este domingo o Día da Bici

RibeiraSacraXa
A actividade busca fomentar hábitos de vida saudable e promover o uso da bicicleta como medio de transporte e lecer
bicicleta-xenerica-
12 Aug 2025

O vindeiro domingo, 17 de agosto, o Concello de Trives organiza unha nova edición do Día da Bici, unha xornada aberta a participantes de todas as idades para gozar do deporte ao aire libre. A saída está prevista para as 12:00 horas diante da Casa Consistorial, e as inscricións poderán realizarse o mesmo día a partir das 10:00 horas.

A actividade busca fomentar hábitos de vida saudable e promover o uso da bicicleta como medio de transporte e lecer, ofrecendo un percorrido adaptado para que todos poidan participar en boa compañía.

⚙ Configurar cookies
0.14708805084229