A Pobra de Trives acollerá unha charla para afondar na realidade das mulleres palestinas

RibeiraSacraXa
A cita terá lugar este luns, 10 de novembro, e contará coa participación de Hanan Kaoud, concelleira de Ramala
HananKaoud
9 Nov 2025

Este luns 10 de novembro, ás 16:30 horas, o Auditorio Julio Vázquez de Trives acollerá o encontro “A voz resiliente das mulleres palestinas”, unha actividade que contará coa participación de Hanan Kaoud, concelleira de Ramala. A entrada será libre ata completar aforo.

Durante o acto, o público poderá coñecer de primeira man a realidade que viven as mulleres palestinas, o seu papel nos procesos de resistencia e a súa contribución á construción da paz.

A iniciativa está organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e o Concello de Allariz, no marco dunha visita a varios municipios galegos para promover a solidariedade co pobo palestino.

⚙ Configurar cookies
0.068902015686035