A Pobra de Trives acollerá un curso de Monitor de Tempo Libre

RibeiraSacraXa
As inscricións están abertas ata o 20 de maio e o curso terá lugar a partir do 1 de xullo
campamentos-amencer
17 May 2025

O Concello da Pobra de Trives ten aberta a inscrición para un curso de Monitor de Tempo Libre organizado dende a institución municipal, que comezará o 1 de xullo. O curso terá unha duración total de 200 horas, distribuídas en 30 xornadas de 6,5 horas cada unha.

Os requisitos para poder participar son ter 18 anos ou máis e ter a ESO ou un título equivalente.

A inscrición estará aberta ata o 20 de maio. Para obter máis información ou inscribirse, as persoas interesadas poden chamar aos números 988 346 169 ou 988 330 000.

Este curso é unha oportunidade para aqueles que desexen formarse como monitores de tempo libre e adquirir as competencias necesarias para traballar no sector.

⚙ Configurar cookies
0.16654491424561