A Pobra de Trives acollerá este venres un partido solidario para recadar fondos para a familia afectada polo incendio

O Caldelao Inter Ribeira Sacra e o Ribeiro do Avia Fútbol Club disputarán un partido este venres, 13 de febreiro, ás 19:00 horas no Pavillón da Pobra de Trives.
O Concello da Pobra de Trives cede as súas instalacións e, en colaboración co club, participará na recollida solidaria que irá destinada a apoiar á familia que recentemente perdeu a súa vivenda e todos os seus bens a causa dun incendio.
Desde o Concello tamén se puxo en marcha unha campaña de colaboración cidadá en apoio a estes veciños, unha iniciativa que busca axudar ás persoas afectadas a recuperar, na medida do posible, a súa vida cotiá.
Ademais do apoio inmediato con material escolar, roupa e útiles básicos, articularase tamén unha axuda económica para a familia. Desde o Concello fan un chamamento á solidariedade e informan de que quen desexe colaborar poderá facelo a través da conta bancaria facilitada polos propios membros da familia.