A Pobra de Trives acollerá este sábado unha xornada sobre o rural dirixida á xente nova

RibeiraSacraXa
‘Xóvenes vs Rural’ chega ao Auditorio Julio Álvarez para recoller ideas e propostas da xente nova para mellorar o rural
xovenes-vs-rural
19 May 2025

A Pobra de Trives acollerá este sábado, 24 de maio, a xornada ‘Xóvenes vs Rural’, un encontro que ten como obxectivo favorecer o debate entre a xente nova do rural e que se desenvolverá no Auditorio Julio Álvarez.

A cita busca recoller ideas e propostas da xente nova para mellorar o rural a través de charlas e coloquios e contará coa participación da alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez Barja, o alcalde de San Xoán de Río, José Miguel Pérez e María Álvarez, en representación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

Ademais, participarán diversos representantes de organizacións xuvenís, entre os que se atopan Iago Suárez (Galiza Nova), Borja López (Xuventudes Socialistas) e Nicole Grueira (Novas Xeracións). Pola súa conta, a sección de “charlas inspiradoras” será impartida por Geanina Lascu, que falará sobre igualdade, Pabo Osorio, sobre emprender no rural, Rocío Deive, que centrará a súa exposición sobre futuro e rural, e Dachin Diéguez, coa charla “Vantaxes da mentalidade rural”.

As actividades desenvolveranse entre as 10.00 e as 14.00 horas e para asistir será necesario inscribirse previamente a través do teléfono 643 556 827.

⚙ Configurar cookies
0.16143202781677