A Pobra de Trives acolle unha charla coa escritora Coral Herrera co gallo do 25N

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres, o Concello da Pobra de Trives organiza este martes 25 de novembro, ás 17:00 horas, no Auditorio Xulio Vázquez, a charla “A Revolución amorosa e outras formas de quererse”.
A sesión estará a cargo da escritora e pensadora feminista Coral Herrera, unha das voces máis influentes na reflexión sobre o amor romántico e as súas consecuencias sociais.
Autora de obras como “Mujeres que ya no sufren por amor” ou “El contrato amoroso”, Coral Herrera propón unha revolución baseada en quererse doutro xeito, desde a liberdade, a igualdade e o coidado colectivo.