A Pobra de Trives acolle un obradoiro de Cantos de Taberna este sábado

RibeiraSacraXa
A cita está organizada pola Asociación Cultural A Caniceira e será impartida polo compositor, guitarrista e cantante, Brais Morán
obradoiro-cantos-de-taberna-trives
27 Mar 2026

A Asociación Cultural A Caniceira organiza este sábado 28 de marzo un obradoiro de Cantos de Taberna na Pobra de Trives, unha actividade centrada na música tradicional.

O taller será impartido por Brais Morán, compositor, guitarrista e cantante, e desenvolverase ás 17:00 horas no local da asociación, situado na rúa Castelao.

A participación ten un custo de 5 euros para socios e 10 euros para non socios, sendo necesaria inscrición previa a través do correo electrónico a.caniceira@hotmail.com ou por WhatsApp no número 639 832 181.

0.14357590675354