A Pobra de Trives acolle este venres o ciclo “Ecos de Igualdade – Hora Violeta”

A Pobra de Trives acollerá o vindeiro 21 de marzo ás 16:00 horas o ciclo “Ecos de Igualdade – Hora Violeta”, que terá lugar no Auditorio Julio Vázquez.
O encontro contará coa participación de Mabel Lozano, Rosa Cobo Bedía e Alicia Orriols, e completarase coa proxección de dous traballos audiovisuais dirixidos por Lozano: Ava, galardoado co Goya á mellor curtametraxe en 2024, e Abril, hoy no es invierno.
A iniciativa preséntase como un espazo para o visionado, o diálogo e a reflexión arredor da igualdade, ofrecendo ao público a oportunidade de achegarse a estas propostas audiovisuais e participar nun encontro centrado no avance cara a unha sociedade máis igualitaria.