A Pobra de Trives acolle esta fin de semana a Festa da Bica

RibeiraSacraXa
O sábado 27 de xullo comezan os actos cunha comida popular no CEIP M. Bermúdez Couso
festa-da-bica-trives
Imaxe de arquivo
26 Xul 2024

O municipio da Pobra de Trives, na parte ourensán da Ribeira Sacra, celebrará durante esta fin de semana, última de xullo unha nova edición da Festa da Bica e da Mostra Terra da Bica, que é Festa de Interese Turístico de Galicia e que chega á LI edición.

O sábado 27 de xullo comezan os actos cunha comida popular no CEIP M. Bermúdez Couso, cun menú a base de empanada de cachena, becerro ou espeto con guarnición, bica, café e licor.

O prezo da comida é de 25 euros para os adultos e 15 para menores de 12 anos. O aforo será de 500 persoas.

O domingo 28 terá lugar a Andaina Festa da Bica coa subida a Manzaneda, con saída ás 8.30 horas desde a praza do Concello. A andaina terá un percorrido de 15 quilómetros cun desnivel de 867 metros e o seu prezo de inscrición será de 10 euros.

A Festa da Bica vén celebrándose desde o ano 1972 de forma ininterrompida. O Monte de Cabeza Grande de Manzaneda acolle a celebración deste evento gastronómico durante o último domingo do mes de xullo.

Esta festa pon en valor e ten como base central este doce a base de fariña, ovos, azucre e manteiga autóctono da Pobra de Trives e moi apreciado na gastronomía de Galicia. No ano 2022 a Festa dá Bica foi declarada Festa de Interese Turístico.

0.21698880195618