A Pobra de Trives acolle a vindeira semana unha nova actividade de benestar dirixida a mulleres

RibeiraSacraXa
Será o 23 de xullo nas piscinas municipais e forma parte do programa Exeria posto en marcha polos concellos de Trives, Barbadás e Ramirás
exeria-barbadas-
18 Jul 2025

Os concellos de Barbadás, A Pobra de Trives e Ramirás veñen de poñer en marcha o Programa Exeria, unha iniciativa destinada a ofrecer atención e asesoramento a mulleres que se atopan en situación de especial vulnerabilidade.

O programa, que botou a andar o pasado 18 de xuño, continuará este próximo mércores, 23 de xullo, cunha actividade centrada no benestar físico e mental, que se desenvolverá nas piscinas municipais. As participantes realizarán unha práctica de ioga e pilates terapéutico que comezará as 10:30 horas.

Con este programa búscase promover o coidado integral das mulleres de todas as idades.

⚙ Configurar cookies
0.17495703697205