A Pobra do Brollón convoca unha concentración este martes co gallo do 25N
RibeiraSacraXa
Será ás 12:00 horas diante do Concello

24 Nov 2025
Este martes, 25 de novembro, ás 12:00 horas, celebrarase unha concentración diante do Concello da Pobra do Brollón con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Durante o acto darase lectura ao manifesto.
Desde a Concellaría de Igualdade animan a acudir a todas as persoas que queiran e poidan para manifestar o seu rexeitamento ante calquera tipo de agresión machista.