A Plataforma Sanitaria de Valdeorras pon autobuses gratuítos desde Manzaneda e Trives para asistir á manifestación deste sábado

RibeiraSacraXa
A mobilización terá lugar no Barco e busca reivindicar a mellora da atención nesta área sanitaria
manifestacion-sanidade-valdeorras
19 Nov 2025

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras organiza autobuses gratuítos desde Manzaneda e A Pobra de Trives para facilitar a participación na manifestación convocada para o próximo 22 de novembro, ás 18:00 horas, no Barco de Valdeorras.

Dende Manzaneda, o autobús sairá ás 16:30 horas desde a Praza da Farmacia con destino ao Hospital do Barco. O regreso realizarase ao remate da manifestación, desde a Praza Grande de Viloira de volta a Manzaneda. As persoas interesadas deben anotarse chamando ao Concello de Manzaneda ao teléfono 988 333 043 antes do xoves 20 de novembro.

Tamén haberá servizo gratuíto de autobús desde A Pobra de Trives para asistir a esta protesta, que busca reivindicar a mellora da atención sanitaria no Distrito Sanitario de Valdeorras. A Plataforma fai un chamamento á participación cidadá para apoiar esta iniciativa e esixir melloras na sanidade pública da comarca.

⚙ Configurar cookies
0.069864988327026