A plataforma ‘Por un monte galego con futuro’ convoca manifestacións este xoves por toda Galicia
GaliciaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
Máis de 50 organizacións chaman á cidadanía a saír ás rúas este xoves baixo o lema “A política forestal do PP queima os nosos montes, queima as nosas casas”

18 Aug 2025
A plataforma ‘Por un monte galego con futuro’ convoca manifestacións este xoves por todas as cidades e comarcas galegas ante a onda de incendios que se está a vivir por todo o territorio e que afecta con especial virulencia á provincia de Ourense, onde hai máis de 59.000 hectáreas afectadas.
A plataforma, integrada por máis de 50 organizacións, fai un chamamento á cidadanía a participar nestas concentracións, baixo o lema “A política forestal do PP queima os nosos montes, queima as nosas casas”.