A pista de pádel da Medela permanecerá pechada por rotura dun cristal
RibeiraSacraXa
O Concello revisará o estado desta instalación, construída en 2021, que xa rexistrou dúas incidencias similares en menos dun ano e anuncia unha futura remodelación integral

5 Jul 2025
O Concello de Taboada, dende a área de Cultura e Deporte, vén de anunciar que nos próximos meses se acometerá unha remodelación da pista de pádel, na que está prevista a instalación dunha cuberta.
Dende o Concello lembran ademáis que a pista permanecerá pechada ata novo aviso debido á rotura dun dos cristais laterais. O Concello revisará o estado desta instalación, construída en 2021, que xa rexistrou dúas incidencias similares en menos dun ano.