A piscina municipal de Monforte necesita un monitor multidisciplinar
Búscase monitor deportivo multidisciplinar e socorrista para a piscina municipal de Monforte de Lemos a tempo completo.
A persoa incorpórase a unha piscina municipal para impartir cursos de natación, dirixir actividades deportivas no ximnasio anexo e realizar funcións de socorrismo.
Requírese o Ciclo Formativo Grao Superior Actividades Deportivas (TAFAD) ou Grao Superior en Ensino e Animación Sociodeportiva (TSEAS).
Tamén se esixeposuír o carné de socorrista en vigor homologado en Galicia e polo menos ter experiencia dun ano como socorrista ou monitor de natación.
Tamén se valorará ter formación no ámbito deportivo, cun tempo superior a 350 horas.
O prazo de recepción de candidaturas estará aberto ata o próximo 20 de marzo na plataforma do Grupo Tragsa.