A Pinguela acolleu o Torneo-Festa deportiva de fin de tempada
RibeiraSacraXa
O evento foi organizado polo C.V. Ribeira Sacra
26 Maio 2024
O concelleiro de Deportes do Concello de Monforte, José Manuel Mougán, participou no Torneo-Festa deportiva de fin de tempada organizado polo C.V. Ribeira Sacra, e que se celebrou no pavillón polideportivo municipal da Pinguela.
A celebración da xornada consistiu na disputa de encontros amigables entre os equipos do C.V. Ribeira Sacra, nas distintas categorias, así como tamen entre o Clube e o seu clube filial (Clube Voleibol Quiroga).
O Concelleiro de Deportes recolleu un prato conmemorativo de Sargadelos, como recoñecemento ao alcalde, José Tomé Roca, polo apoio do deporte en Monforte e ao voleibol en particular, quen por motivos de axenda, non puido acudir a esta xornada.