A peza tetral 'A viaxe feliz de Ramón San Fiz' chega a Bóveda o mércores 27

RibeiraSacraXa
Bóveda será unha das paradas da programación da XI edición de Nadal en Rede, programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta de Galicia que achegará durante as festas seis propostas de ocio en galego a 41 concellos e entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.
programa_nadal_en_rede
programa_nadal_en_rede
1 Dec 2023

Bóveda será unha das paradas da programación da XI edición de Nadal en Rede, programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta de Galicia que achegará durante as festas seis propostas de ocio en galego a 41 concellos e entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.

Os máis pequenos poderán gozar do espectáculo teatral 'A viaxe feliz de Ramón San Fiz' da compañía Fantoches Baj. Trátase dunha peza baseada no libro 'Galicia', de Francisco Fernández del Riego, dirixida para un público familiar e adulto. A cita será o vindeiro 27 de decembro no centro sociocultural do Concello.

Durante a presentación, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, estivo acompañado dos representantes das compañías artísticas participantes, explicou que nesta edición “hai cabida tanto para espectáculos dirixidos á cativada e as súas familias como para un público adulto”.  Deste xeito, evidénciase que o importante é que “todo o mundo poida desfrutar de actividades en lingua galega durante estas festas”.

a viaxe feliz de Ramón San Fiz bóveda
0.14615106582642