A Pena dos Catro Cabaleiros será o escenario dunha festa de fin de ano para os catro concellos

RibeiraSacraXa | SarriaXa
A
Mesa dos Catro Cabaleiros belén 1
29 Dec 2023

A Asociación Fonte do Milagro organiza unha festa de fin de ano no mediodía do 31 de decembro na Pena dos Catro Cabaleiros, a 1.100 metros de altura e onde se unen os concellos do Incio, Samos, Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón.

Esta festa, que ten a súa orixe no ano 2017, comezará ás 12.00 horas e os organizadores contan con que haxa moita xente que acuda ao acto, no que haberá campanadas.

Todos os anos, os alcaldes dos catro concellos que se unen neste lugar acoden á festa, así que se conta con eles tamén nesta ocasión, así como decenas de veciños e veciñas dos pobos dos municipios e doutras persoas da provincia de Lugo.

0.09737491607666