A Pastoriza, Meira e Chantada seguirán en alerta ata o luns
Coa noticia de que a provincia manterá ata o luns próximo a tres concellos en alerta, este mércores volve rexistrarse un aumento de casos pero a ritmo máis lento xa que as altas tamén se ralentizan. Esto é debido a un crecemento de contaxios novos e unha redución do número de altas. Así, los casos quedan en 233, 9 máis que onte, cando na xornada anterior a subida foi de 10.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 11 casos novos (onte foron 13). Ademais, as altas chegaron ás 11.060, 8 en 24 horas, o día anterior foron 4.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.511 casos rexistrados e 213 persoas falecidas.
Respecto á presión hospitalaria, segue mellorando. Na UCI seguen 3 persoas ingresadas e en planta se reducen a os casos a 7 (3 menos). 6 están no Hula (1 menos) e 1 Monforte. Burela queda sen ingresados.
O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, continuará nas mesmas condicións ata o próximo luns:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. A Pastoriza.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Meira e Chantada.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
Mentres na Mariña os cada vez son máis os concellos limpos de covid, na Terra Chá é ao contrario, aínda que sen que afecta á incidencia. No centro e Sur sen cambios, agás A Fonsagrada, que ten casos de novo, aínda que con baixa incidencia, e Chantada que sobe 6 casos en 24 horas.
A Mariña
- Incidencia leve en Viveiro, Foz, Burela, Ribadeo, Alfoz, Lourenzá e Trabada
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove e Barreiros.
- Sen casos novos na última semana está Mondoñedo. Únense Cervo, Trabada e Alfoz.
Terra Chá
- A Pastoriza, en alerta alta, mellora a súa incidencia.
- Meira, que segue en alerta media, continúa reducindo a incidencia.
- Friol, Vilalba, Outeiro de Rei, Pol, e Castro de Rei teñen casos pero con incidencia leve. Únense Guitiriz e Xermade.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade.
- As Pontes segue sen casos na última semana. Únese Cospeito.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo seguen en 99.
- Becerreá e Cervantes teñen casos pero con baixa incidencia. Súmase A Fonsagrada.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, O Corgo, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín e Palas.
Comarca de Sarria
- Láncara e Sarria teñen casos pero con baixa incidencia.
- Paradela leva xa unha semana sen novos contaxios. Únese O Páramo.
- Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Monforte e Carballedo teñen casos pero con incidencia leve.
- Chantada seguen subindo os casos a 26 (4 máis) e seguirá en alerta media.
- Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra de Brollón, Quiroga e Pantón.