A partir de xullo, os veciños de Bóveda poderán adherirse ao polígono agroforestal
O equipo de goberno de Bóveda reuniuse cunha representante da empresa Proyestegal, encargada de desenvolver o polígono agroforestal de Bóveda, para analizar como comezar os traballos no mesmo.
Así, o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, acompañado da concelleira de Medio Ambiente e Medio Rural, Natividad Rodríguez, sentou as bases para iniciar os traballos da segunda fase do polígono agroforestal de Bóveda.
A principios do mes de xullo volverá haber unha nova reunión na que participará o Concello de Bóveda, a empresa e AGADER para avanzar nos trámites administrativos correspondentes.
De seguido, abrirase un período de consultas e información os luns, martes e xoves para que os veciños e veciñas interesados poidan formalizar a súa adhesión ao polígono agroforestal para o que lles será requirida a documentación de titularidade das leiras.