A parroquia de Vilamor festexará o San Vicente o 25 de xaneiro

RibeiraSacraXa
Haberá música, sorteos e concursos de baile durante toda a xornada
Fogos artificiais
14 Jan 2025

A parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel, festexará o vindeiro sábado 25 de xaneiro as súas festa en honra a San Vicente.

As celebracións estenderase ao longo de toda a xornada, comezando coa tradicional misa solemne ás 13.00 horas, seguida dunha sesión vermú ás 14.00 horas. A lectura do pregón será pola tarde, ás 16.00 horas, e estará a cargo de Leni Pérez.

Ás 17.00 horas terá lugar un campionato de Chia-lo Eixe, así como unha demostración de baile a cargo do Esparaván. Para continuar coas celebracións, haberá unha homenaxe á orquestra Os Padernes ás 18.30 horas, e ás 19.00 horas terá lugar un concurso de baile “cos toxos”, seguido dunha foliada libre.

Xa pola noite, ás 21.00 horas volverá a haber un concurso de baile “do faroliño” e, para rematar, a partir das 23.00 horas haberá unha degustación de arroz con leite e queimada, durante a que se sorteará unha fin de semana no hotel rural A Cabaniña e un lote de produtos de Caurelor.

0.16879510879517