A parroquia de Sabadelle poderá ser escenario dun novo polígono agroforestal para Chantada

RibeiraSacraXa
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo unha reunión cos veciños de Chantada para estudar a posibilidade de implantar un polígono agroforestal na parroquia de Sabadelle.
Poligono Chantada
6 sep 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo unha reunión cos veciños de Chantada para estudar a posibilidade de implantar un polígono agroforestal na parroquia de Sabadelle.

Este polígono agroforestal abranguería unha superficie de preto de 39 hectáreas, divididas en 114 parcelas de 80 propietarios. Ademais, podería contar tamén con gandaría en extensivo.

Este futuro polígono sumaríase aos 24 que actualmente existen en distintas fases en Galicia, que supoñen a posta en valor de máis de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 29.000 parcelas propiedade de 7.900 veciños.

Neste sentido, o titular de Medio Rural lembrou que esta é unha das figuras de mobilización da terra agraria, mediante a cal se recuperan grandes áreas de terra potenciando os tres usos de chan -agrícola, gandeiro ou forestal- segundo o tipo de cultivo máis acaído ou con maior tradición en cada zona.

Deste xeito, é unha ferramenta idónea para recuperar a terra de boa capacidade produtiva abandonada ou infrautilizada de forma sustentable, creando actividade agrogandeira, fixando poboación e anticipándonos aos incendios forestais.

0.1310179233551