A parroquia de Sabadelle de Chantada acolleu o obradoiro 'Unha xoia para a virxe do Faro'
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou a Casa Losada na aldea de Sabadelle (Chantada) onde se está a desenvolver este fin de semana o obradoiro 'Unha xoia para a virxe do Faro', dirixida pola ourive compostelá Susi Gesto.
Esta actividade enmárcase na mostra O tempo que ficou no olvido organizada polo Pazo de Sabadelle coa colaboración do Concello de Chantada e da Xunta a través da Fundación Artesanía de Galicia.
Ao longo desta fin de semana, un total de 20 participantes crearán e deixarán a súa pegada nunha xoia colaborativa destinada a ficar na ermida do Monte Faro, un lugar emblemático na fronteira entre as comarcas do Deza e a de Chantada.
A través deste tipo de iniciativas, a Xunta continúa co seu impulso á divulgación dos oficios artesanais e ao seu achegamento á sociedade co obxectivo de poñer en valor o traballo dos profesionais da artesanía e da marca Artesanía de Galicia.