A parroquia de Rubián, en Bóveda, celebra as súas festas na honra do Divino Ecce-Homo

RibeiraSacraXa
Desenvolveranse os vindeiros días 14, 15 e 16 de setembro con diferentes actividades gastronómicas e musicais
festas-Rubián-Bóveda
8 sep 2024

A parroquia de Rubián, en Bóveda, celebra as súas festas na honra do Divino Ecce-Homo os vindeiros días 14, 15 e 16 de setembro.

Desta maneira, as actividades comezarán o sábado 14 coas misas a cada hora desde ás 10.00 ás 13.00 horas, incluída. Despois, xa á noite, sobre as 22.00 horas, terá lugar unha paellada e pancetada, incluíndo auga ou viño, pan e café e unha queimada. Todo isto amenizado pola actuación de David Expósito.

Xa o domingo, 15, haberá misa ás 11.00, ás 12.00 e ás 13.00 horas, coa misa maior, a procesión e a sesión vermú coa orquestra Compostela. Ademais, ás 12.30 horas e ás 20.00 horas tamén actuará a Banda de Paradela. Pola tarde, de 18.00 a 19.00 horas haberá colchonetas gratis para os nenos e, á noite, actuarán as orquestras Compostela e Furia Joven.

Finalmente, o luns 16, haberá misa ás 12.00 e ás 13.00 horas con procesión e sesión vermú amenizada con Zona Zero, que volverá actuar pola noite na verbena, xunto co grupo Finisterre.

0.068515062332153