A parroquia de Ribas Pequenas de Bóveda celebra as súas festas en setembro

RibeiraSacraXa
Así, a festa comezará o venres 6 de setembro coa gran paellada popular para os veciños e veciñas ás 21.30 horas
festas-Ribas-Pequenas-Bóveda
24 Ago 2024

A parroquia de Ribas Pequenas de Bóveda celebra as súas festas na honra á Virxe dos Remedios os vindeiros 6, 7 e 8 de setembro.

Así, a festa comezará o venres 6 coa gran paellada popular para os veciños e veciñas ás 21.30 horas, mentres que o sábado, día 7, será a misa solemne ás 12.30 horas, seguida de procesión e sesión vermú a cargo do grupo de gaitas os Picuruchos. Ademais, a partir das 21.30 horas terá lugar a gran actuación de Ruth Cundis e Malenne, finalizando a festa co Dj Carballas.

Pola súa parte, o domingo 8 a partir das 12.30 horas haberá misa solemne e procesión cantada pola Coral Sarricanta e o grupo de gaitas do Concello de Bóveda, que virá seguida de sesión vermú a cargo do grupo Punto Clave. Ademais, a partir das 21.30 horas haberá festa e verbena co grupo Punto Clave e o Dúo Eclipse.

0.2066330909729