A parroquia de Proendos celebra o San Amaro actividades durante toda a fin de semana

A parroquia de Proendos, no Concello de Sober, celebra esta fin de semana as Festas de San Amaro 2026, cun programa que incluirá música, gastronomía e actividades festivas durante tres días. As celebraciós arrancan este venres a partir das 20:30 horas cunha chourizada e chocolatada no Campo de San Cristobo.
O sábado, xa pola mañá, haberá pasarrúas pola vila e misa solemne con procesión, a partir das 13:00 horas. Pola tarde, ás 18:30 horas, terá lugar un concerto a cargo de Manoele de Felisa na igrexa parroquial. Ás 19:30 horas arrancará a festa, que estará amenizada polo Dúo La Hora Bruha e, ás 21:15 horas comezará a tirada de fogos de artificio. A música do dúo seguirá soando a partir das 21:30 horas e despois, ás 23:00 horas, comezará a actuación de Sie7e Rojo. Para rematar, o domingo haberá unha misa solemne amenizada polo grupo O Trícole.
As celebracións terán lugar no campo da feira e haberá unha capa por se chove. Ademais, contarase con servizo de bar.