A parroquia de Proendos festexou o San Amaro con música, gastronomía e actividades festivas

A parroquia de Proendos, no Concello de Sober, celebrou esta fin de semana as Festas de San Amaro, cun programa que incluíu música, gastronomía e actividades festivas durante tres días.
As celebracións comezaron xa o venres cunha chourizada e chocolatada no Campo de San Cristobo, e continuaron o sábado pola mañá con pasarrúas pola vila e misa solemne con procesión, así como un concerto a cargo de Manoele de Felisa na igrexa parroquial. Pola tarde, a festa continuou a cargo do Dúo La Hora Bruha, unha tirada de fogos de artificio e a actuación de Sie7e Rojo. Para rematar, o domingo tivo lugar unha misa solemne amenizada polo grupo O Trícole.