A parroquia de Parteme volveu quedar pechada aos veciños para botar formigón nunha vía "que estaba ben"
Os veciños da parroquia de Parteme, en Quiroga, denuncian que o goberno local do municipio volveu a pecharlles o paso nas rúas da aldea sen previo aviso, polo que tiveron que chamar á Guardia Civil.
O xoves chamaron a Santiago Morillo, da Asociación de Veciños de Parteme, para avisarlle de que estaban facendo obras, pero non lles avisaron de que ían pechar o paso para que entrase a xente. Pero ademais, tamén denuncian que botaron asfalto "onde xa estaba ben", remarca Morillo. Ademais, denuncia que o camión que levaba o formigón entrou na súa finca e "fastidiou o meu céspede" ao meterse nunha finca privada.
Así, Morillo di que "o actual alcalde ten como obxectivo facer o máximo dano á Asociación de Veciños de Parteme e á parroquia de Parteme" e sostén "é incrible que pasen estas cousas a dous días das eleccións e que use o diñeiro público para botar formigón en zonas que non o necesitaban".