A parroquia de Fornelas, na Pobra do Brollón, acollerá unha nova edición das Foliadas Guímaras

RibeiraSacraXa
A cita será o vindeiro 14 de xuño a partir das 20.15 horas no local social da parroquia
Foliada-Guímara-de-Lamaigrexa
Foto de arquivo da Foliada Guímara de Lamaigrexa
4 Xuño 2024

O Concello da Pobra do Brollón organiza, unha vez máis, as súas Foliadas Guímaras, que contan coa colaboración da Deputación de Lugo así como de asociacións sociais e locais.

A cita será o vindeiro 14 de xuño a partir das 20.15 horas no local social da parroquia de Fornelas e poderán participar todas as persoas interesadas, xa que é un acto público e aberto aos veciños e veciñas.

Durante o evento, contarase ademais coa actuación de Dakidoasma, un grupo de música tradicional de Chantada, e tamén haberá barra e caldo, polo que se aconsella ás persoas interesadas en participar que leven o seu culler.

0.15435194969177