A parroquia de Canaval, en Sober, acolle esta fin de semana as súas festas na honra de San Pedro

RibeiraSacraXa
Toda a veciñanza está convidada a participar das festas, que contarán con diversos grupos musicais
fogos-artificiais-festas-patronais
26 Xuño 2024

Esta fin de semana, do 28 ao 29 de xuño, terán lugar as festas na honra de San Pedro en Canaval, parroquia do Concello de Sober.

Desta maneira, o 28 de xuño comezará a festa e a verbena amenizada co Dúo Explosión, que farán bailar a toda a veciñanza que se achegue a desfrutar.

Pola súa parte, do sábado 29 terá lugar unha misa solemne ás 13.00 horas, que virá seguida dunha sesión vermú e unha noite de verbena co Dúo Tropical, que amenizará a festa nocturna.

0.17009496688843