A parroquia de Bolmente, en Sober, celebra esta fin de semana as súas festas

A parroquia de Bolmente, en Sober, celebra esta fin de semana as Festas na honra de San Antonio, que comezan este venres cunha pancetada popular e a actuación da orquestra M-3 Show.
O sábado, as celebracións comezarán ás 13:00 horas cunha misa solemne e procesión amenizada polo Grupo Tricole, seguida dunha sesión vermú no campo da festa a cargo do Dúo Dilema. Pola noite, ás 21:30 horas, este mesmo dúo amenizará a verbena.