A parroquia de Anllo, en Sober, celebra a súas festas esta fin de semana

A parroquia de Anllo, en Sober, comeza este venres as súas festas na honra a San Antonio, que se estenderán ata o domingo, 8 de xuño.
As celebracións arrancarán cunha Gran Pancetada Popular ás 21:00 horas e continuarán cunha tirada de fogos de artificio e unha verbena co Dúo Eclipse.
O sábado, ás 13:30 horas, haberá unha misa solemne con procesión, seguida dunha sesión vermú no campo da festa a cargo da orquestra M-3 Show. Pola noite, a verbena estará amenizada pola música do Tríoo Xtra e, ao remate, volverá a actuar a orquestra M-3 Show.
O domingo, ás 13:30 horas, volverá a haber misa solemne con procesión, seguida dunha sesión vermú a cargo da Banda de Música de Sober. As celebracións rematarán coa actuación do Dúo Paradaisse, ás 19:30 horas.