A parcela máis grande de Porto Seco foi vendida a unha empresa de fabricación de granulados de madeira
A Xunta de Galicia vén de anunciar que vendeu a parcela máis grande do Porto Seco de Monforte, de 18.000 metros cadrados, por 462.332 euros.
A empresa compradora está dedicada á confección de granulados de madeira co desenvolver a súa actividade, investindo unha cantidade de 14 millóns de euros e movendo 70.000 toneladas anuais de madeira e serraduras de pino para fabricar granulados para caldeiras de calefacción.
Así, ocuparán arredor de 3.000 metros cadrados e o resto da parcela será para instalar silos e equipos complementarios, onde traballarán arredor de 20 postos de traballo directos e 27 indirectos no campo da loxística e a extracción da materia prima.
Así, quedan en venta outras parcelas, que suman en total 36.211 metros cadrados que ofrecerá a Xunta a través do Instituto Galego de vivenda a un prezo bonificado.