A Orquestra La Ocaband encheu o auditorio municipal de Quiroga co musical 'Unha noite na eira do trigo'

RibeiraSacraXa
Decenas de persoas encheron o Auditorio Municipal de Quiroga, que acolleu o musical 'Unha noite na eira do trigo' a cargo da Orquestra La Ocaband e baseado no poema de Manuel Curros Enríquez.
9 Xan 2024

Decenas de persoas encheron o Auditorio Municipal de Quiroga, que acolleu o musical 'Unha noite na eira do trigo' a cargo da Orquestra La Ocaband e baseado no poema de Manuel Curros Enríquez.

Así, foi un musical diferente onde houbo teatro, cine e música para trasladar ao espectador dende a actualidade ata os anos 30 e 80, contando coa participación da voz de Chápelo, director do grupo Solara, mentres que o actor Pepo Suevos fixo de narrador  xunto a Ruth Núñez.

O traballo, dirixido por Xoán Manuel Paradela, Daniel Dopazo e Carlos Alleres, combinou momentos musicais con cancións de Los Tamara, teatro e cinema. Ademais, narráronse historias de tres xeracións diferentes expoñendo escenas moi emotivas e con moito sentimento.

Este musical transportou ao público asistente, a través de imaxes e música, a épocas pasadas e chegou a Quiroga grazas á colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Quiroga.

0.2236430644989