A ORGACCMM denuncia que Medio Rural pretende ilegalizar a organización

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Organización galega de comunidade de montes denuncia que a Xunta pretende ilegalizar a súa organización e desarticular así a oposición.
vista abadin monte
5 Mar 2022

A Organización galega de comunidade de montes (ORGACCMM) denuncia que Consellería de Medio Rural pretende ilegalizar a súa organización e desarticular así a oposición "ao plan do Partido Popular para entregar o monte comunal ás empresas madereiras".

Desde a ORGACCMM apuntan a unha represalia da Consellería polas reiteradas denuncias da súa organización ante as últimas reformas lexilativas levadas a cabo pola Xunta para permitir a confiscación e privatización do monte comunal.

A Organización Galega de Comunidades de Montes constitúese, fai 23 anos no 1999, pola vontade de distintas comunidades de montes espalladas por Galicia de organizarse en crave de país. Dende aquela ate a actualidade sumáronse moitas comunidades a esta organización conformandoa como a principal voceira das comunidades de montes veciñais e en man común de Galicia.

Desde o inicio da súa singladura, a ORGACCMM alegou como o seu principal obxectivo a protección dos montes veciñais e a defensa dos intereses da veciñanza comuneira "contra os intereses capitalistas, especulativos e urbanísticos que pretenden apropiarse e explotar os montes veciñais os e as lexítimos/as titulares dos mesmos".

Recalcan que desde o mesmo momento da súa constitución a ORGACCMM cumpliu todas as normas esixidas, está recoñocida por outras consellerías da Xunta de Galicia como a entidade máis representativa das comunidades de montes e participa en distintos órganos consultivos do goberno autonómico. "Porén a Consellería de Medio Rural négase agora a certificar a composición da xunta directiva da ORGACCMM argüindo que non a considera unha comunidade de montes e que ademais non ten dereito de representación das comunidades de montes que a conforman".

A ORGACCMM denuncia que a Consellería de Medio Rural pretende que ista negativa a emitir dito certificado é de facto unha ilegalización da súa asociación, xa que lles impide realizar calquera trámite administrativo xusto cando teñen presentado no parlamento unha Iniciativa Lexisltiva Popular para modificar a ley de montes. O presidente da veciñanza Organización Galega de Comunidades de Montes, Xose A. Pereira, sinala que "con máis motivo a veciñanza comuneira de Galicia ten que acadar que se aprobe a ILP presentada para a elaboración de unha lei que protexa os montes veciñais e manteña a súa condición de comunal para protexelos dos intereses económicos da industria forestal e madereira".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19528102874756