A Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia pasará por Carballedo o 15 de abril

RibeiraSacraXa
O servizo está dirixido a ofrecer apoio a persoas emigrantes retornados
Oficina-móbil-retorno
5 Apr 2026

Carballedo recibirá o vindeiro mércores, 15 de abril, a visita da Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia, un servizo especializado dirixido a persoas emigrantes retornadas co obxectivo de ofrecer apoio no seu proceso de integración social e laboral.

A unidade estará instalada na Casa do Concello, na Praza Víctor Portomeñe da Barrela, e atenderá ao público en horario de 9:00 a 14:00 horas. Para recibir atención será preciso solicitar cita previa no teléfono 900 102 380.

Durante a xornada, ofrecerase información sobre axudas directas, apoio ao emprendemento e bolsas de estudo. Ademais, o servizo inclúe asesoramento e orientación en cuestións relacionadas coa sanidade, a vivenda e a inserción laboral.

0.11562299728394