A obra 'Invisibles' chega a Quiroga este domingo

RibeiraSacraXa
O domingo 14 de novembro o Auditorio Municipal de Quiroga acollerá ao grupo teatral Redrum Teatro coa súa obra Invisibles.
san martino vino camino
13 Nov 2021

O domingo 14 de novembro, Quiroga continuará coa celebración do seu patrón San Martiño.

Nestes días de celebración o Concello contará cunha saída andaina “Camiño de Inverno” que sairá dende a Praza de España.

Ás 18.00 horas o Auditorio Municipal acollerá ao grupo de teatro Redrum Teatro para a representación de "Invisibles".

Esta obra é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. A historia, protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez está dirixida por Marián Bañobre.

san martiño viño camiño
0.16448998451233