A nutricionista e educadora canina Raquel Ruiz ofrece un coloquio en Sober

RibeiraSacraXa
O programa do Faladoiro dos Luns ofrece unha nova charla coloquio para a veciñanza do Concello de Sober.
Concello de Sober
2 Dec 2023

O programa do Faladoiro dos Luns ofrece unha nova charla coloquio para a veciñanza do Concello de Sober. A cita será o vindeiro 4 de decembro e virá da man de Raquel Ruiz.

A nutricionista e educadora canina será a protagonista desta xuntanza que terá lugar a partir das 17.00 horas no centro sociocultural de Sober.

A profesional achegará unha visión máis natural e respectuosa sobre a crianza e o coidado das mascotas. Trátase dunha iniciativa gratuíta, aberta a quen queira participar.

faladoiro_dos_luns_sober
0.091604948043823