A nova sede de Afamon permitirá ampliar a atención ás persoas con alzheimer, parkinson, demencia ou ictus

RibeiraSacraXa
Actualmente, os servizos están limitados a persoas con deterioro cognitivo en fase inicial
Katy Varela e Raquel Arias coa asociación AFAMON
Katy Varela e Raquel Arias coa asociación AFAMON
16 Mar 2025

As deputadas do Grupo Popular Katy Varela e Raquel Arias mantiveron un encontro con responsables da Asociación de familiares con persoas con alzheimer de Monforte (Afamon) para coñecer a evolución das obras da súa nova sede, que a Xunta está a financiar con 360.000 euros e que permitirá ampliar a atención ás persoas con deterioro neurolóxico-cognitivo e enfermos de parkinson, demencia ou ictus.

Na reunión que celebraron coa presidenta e vicepresidente de Afamon en Monforte, Estrella Rodríguez e Carlos Álvarez, Katy Varela e Raquel Arias salientaron que as novas instalacións permitirán á entidade ampliar os servizos que prestan na actualidade, limitados a persoas con deterioro cognitivo en fase inicial. “Ao contar cunhas dependencias máis amplas e con espazos ao aire libre, a actividade poderán ampliarse para dar cobertura a persoas cun deterioro moderado, así como de apoio a familiares e terapias de grupo”, concretaron.

As deputadas populares puxeron en valor “a preocupación da Xunta en atender as necesidades sociais dos veciños de Monforte e a súa contorna a través de colaboracións como a que está a levar adiante coa asociación Afamon”.

⚙ Configurar cookies
0.89073395729065