A Night Run de Quiroga desenvolverase o vindeiro 6 de xullo

RibeiraSacraXa
Xa está aberto o prazo de inscrición para a carreira nocturna de Quiroga que se desenvolverá o sábado 6 de xullo cun novo nome, xa que pasa de chamarse Night Trail a Night Run de Quiroga, posto que pasa a ser unha carreira máis urbana, percorrendo os paseos fluviais de Quiroga e Ribas de Sil, e as súas principais rúas.
6 Maio 2024

A carreira terá dúas distancias: unha de 10 km, que será unha carreira competitiva, e outra de 6km, que será unha Andaina non competitiva. E tamén se retoman as carreiras para menores. Entre ás 09.30 e as 22.30 horas, hora de saída da carreira absoluta, realizaranse carreiras para os máis pequenos, con inscrición gratuíta. Outra das novidades é que o lugar de saída e de chegada pasa agora a ser a praza da rúa Lago, no corazón de Quiroga.

As persoas interesadas en participar xa se poden anotar abonando o prezo da inscrición de 5 eruos, agás na última semana cando este prezo será superior.

0.086643934249878