A música tradicional galega e asturiana encheu Monforte no Festival Folclórico Galaico-Astur

RibeiraSacraXa
A cita estivo organizada pola Agrupación Folclórica Lemavos coa colaboración do Concello de Monforte
Festival Folclórico Galaico-Astur de Monforte
Festival Folclórico Galaico-Astur de Monforte
1 Sep 2025

Monforte acolleu esta fin de semana Festival Folclórico Galaico-Astur, que tivo lugar na Praza de España e que contou coa presenza do alcalde, José Tomé Roca, que estivo acompañado nesta cita pola Tenente Alcalde, Gloria Prada, e varios concelleiros, entre eles as responsables de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón, e de Consumo, Regina López, así como o Concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz.
Organizado pola Agrupación Folclórica Lemavos coa colaboración do Concello de Monforte, o festival contou coas actuacións do propio grupo organizador e do Grupo de Danzas “Aires de Asturias” de Villaviciosa. Durante o evento, a música tradicional galega e asturiana encheu a praza de España, con protagonismo da gaita, a percusión e o baile, que captaron a atención do público asistente.
Durante a celebración, os representantes municipais fixeron entrega de agasallos conmemorativos, mentres que unha representante de “Aires de Asturias” entregou a José Tomé unha caixa de sidra como símbolo da cultura asturiana.
Este festival forma parte das iniciativas promovidas polo executivo municipal para apoiar agrupacións culturais sen ánimo de lucro, ofrecéndolles unha plataforma para dar a coñecer o seu traballo e contribuíndo á conservación das tradicións transmitidas polas xeracións pasadas.

⚙ Configurar cookies
0.16740894317627