A Mesa Lemos organiza unha actuación familiar en Pantón dentro do Mercadiño de Nadal

RibeiraSacraXa
Este próximo sábado, 3 de xaneiro, os nenos e nenas de Pantón poderán gozar do espectáculo “Filipa cos Contos”
flipa-cos-contos
30 Dec 2025

Como en anos anteriores, A Mesa Lemos, a delegación comarcal de A Mesa Pola Normalización Lingüística, organiza unha actividade para público familiar durante as festas de Nadal en diferentes municipios da comarca.

Este ano, a cita será en Pantón o sábado 3 de xaneiro ás 11:00 horas, no Centro Sociocultural, no marco do Mercadiño de Nadal que organiza o Concello. O espectáculo elixido é “Filipa cos Contos”, a cargo da Compañía Bandullo Azul.

Con esta iniciativa, A MESA Lemos busca fomentar o uso do galego entre os máis pequenos e achegarse ao público para dar visibilidade ao seu traballo nos concellos do sur de Lugo. Durante o mercadiño repartirase material en galego, como libros, láminas para colorear e adhesivos.

O espectáculo “Filipa cos Contos” combina narración oral, música e cancións en directo, con dous narradores: Fran, actor e contador, e a súa boneca Filipa. Xuntos presentan historias tradicionais, contos populares, relatos de autores galegos e contos inventados, animando á participación de toda a familia.

⚙ Configurar cookies
0.075077772140503