A maxia será a protagonista hoxe do Mercado de Nadal de Monforte

RibeiraSacraXa
A maxia será a protagonista hoxe do Mercado de Nadal do concello de Monforte de Lemos cun espectáculo para toda a familia
mercado nadal monforte portada
11 Dec 2022

A primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, acompañada polas concelleiras de Cultura, Marina Doutón, de Consumo, Regina López, de Muller e Igualdade, Margarita López, e o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, inauguraban o Mercado de Nadal- Circuítos de Artesanía e Música Galega, na Praza de Abastos de Monforte.

A actividade encádrase no proxecto “Circuítos de artesanía e música galega” que o Concello organiza co financiamento do programa Territorio Cultura, ó amparo dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resilencia do Regulamento (UE)2021/241, concedido a través da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

Mercado de Nadal de Monforte

O Mercado de Nadal de Monforte, abre hoxe domingo día 11 de 11.00 a 14.00 horas. Este mercado celebrarase durante tres fins de semana consecutivas neste mes de decembro, concretamente os días, 10, 11, 17, 18, 23 e 24.

No Mercado de Nadal, o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, a oferta de artesáns e artesás de olería, complementos, cosmética natural, madeira, bixutería, entre outras disciplinas artísticas, ademais dun amplo abanico de produtos gastronómicos gourmet e de produtores locais de alta calidade. Esta fin de semana, o Mercado de Nadal conta con 14 expositores.

Programación para tódolos públicos

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal ten un variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos.

Hoxe domingo 11 de decembro ás 12 horas, a Praza acollerá o espectáculo Maxia Familiar co Mago Deimi. Este mago é natural de Ribadavia (Ourense) e vive a maxia dende ben cativo, unha afección que non deixou de cultivar ata a actualidade. O espectáculo de maxia que trae a Monforte é moi variado e divertido, onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado. Ofrece ó público familiar unha variedade de xogos: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, maxia bizarra, levitacións, aparicións, maxia con lume, desaparicións, transformacións... Todo acompañado de gags, moi bo humor e música de fondo para marcar o ritmo da maxia e a participación activa do público. Ó facer partícipe a este, o espectáculo de maxia faise máis crible e inesquecible para os asistentes.

Actuacións para animar ó comercio e á hostalaría

Cada fin de semana, e como complemento a este Mercado de Nadal, terá lugar a actuación diversos grupos musical nun escenario ubicado na rúa Cardenal, que animarán ás rúas comerciais e os negocios de hostalaría.

mercado nadal monforte
0.19077897071838