A marcha solidaria en bicicleta a favor da investigación do cancro infantil 'Kilómetros de Esperanza' pasou por Quiroga

RibeiraSacraXa
O principal obxectivo desta marcha, que saía o pasado 3 de xuño dende Córdoba, foi a de facer visible esta enfermidade
Quiroga-kilómetros-de-Esperanza
13 Xuño 2024

Quiroga acolleu o paso da marcha solidaria en bicicleta a favor da investigación do cancro infantil 'Kilómetros de Esperanza', un proxecto que nace da idea dun pai que ten un fillo afectado por esta enfermidade en colaboración coa unidade de Oncohematoloxía do Hospital Universitario Reina Sofía de Córdoba.

O principal obxectivo desta marcha, que saía o pasado 3 de xuño dende Córdoba, foi a de facer visible esta enfermidade e tamén a de recadar fondos para a investigación del Cáncer Infantil, que se realizará a través Instituto Maimónides de Investigación Biomédica de Córdoba (IMIBIC).

Os ciclistas son o propio pai do neno afectado e un enfermeiro do hospital, que están a percorrer unha media de 100 km ao día para chegar a Compostela e tras facer 990 km por camiños mozárabes.

0.20209002494812