A Maratón Urbana de Special Olympics reúne en Sober a máis de 150 participantes

RibeiraSacraXa
máis de 150 participantes de 14 entidades de toda Galicia que se achegaron a Sober para competir na Maratón Urbana de Special Olympics
maraton special olympics sober
30 May 2022

O Concello de Sober acolleur este domingo a Maratón Urbana de Special Olympics, unha actividade que forma parte do programa deportivo que, anualmente, leva a cabo a entidade galega para promover a práctica deportiva entre as persoas con capacidades diferentes e ao que a Deputación de Lugo achega 10.000 euros.

Precisamente, o presidente do ente provincial, José Tomé Roca, xunto ao deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, deu a benvida aos participantes nesta proba na que tomaron parte máis de 150 participantes de 14 entidades de toda Galicia.

FELICITACIÓN DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

Ademais, José Tomé felicitounos pola súa “ilusión e esforzo, e por dar un exemplo de afán por mellorar”, así como aos adestradores, familias, voluntarios e todas aquelas persoas “que fan realidade, día a día, este fermoso proxecto de deporte inclusivo”, con actividades como a maratón urbana, os xogos de fútbol sala, de baloncesto ou as marchas ciclistas unificadas, entre outras.

O mandatario provincial apuntou que “o deporte representa valores como o esforzo, a constancia, a vontade de superación, o compañeirismo e o respecto aos demais, e poucas organizacións traballan mellor arredor destes valores que Special Olympics. Un traballo co que concordan plenamente as políticas sociais que desenvolvemos dende a Deputación, para dar visibilidade e para mellorar a calidade de vida e a integración a todos os niveis das persoas con discapacidade”.

“A familia de Special Olympics pon todos os medios para que a sociedade avance máis rápido, con máis forza e máis lonxe polo camiño da inclusión, do respecto e da igualdade. Uns obxectivos que nos fan a todos e todas mellores e máis fortes como sociedade”, subliñou.

0.17160606384277