A LU-651 ao seu paso por Folgoso do Courel volverá estar cortada

RibeiraSacraXa
A estrada quedará totalmente pechada (24 horas ao día, os 7 días da semana) ao tráfico de calquera tipo de vehículos e peóns
Lu-651-corte
4 Ago 2024

A estrada LU-651 volverá estar cortada a partir do luns, 5 de agosto, debido as actuacións necesarias para a execución da mellora da estrada, entre Ferrería Vella e Seoane do Courel.

Desta maneira, pecharase totalmente o tráfico desta estrada entre a intersección co cruzamento coa estrada que vai ao CPI Uxío Novoneyra e a Moreda e o núcleo de Seoane.

A estrada quedará totalmente pechada (24 horas ao día, os 7 días da semana) ao tráfico de calquera tipo de vehículos e peóns polas actuacións na ponte situada no punto quilométrico 32,7.

Desta maneira, o inicio deste corte será o día 5 de agosto dende as 8.30 horas ata o día 11 de outubro de 2024 e os desvíos serán os mesmos que os existentes para os cortes anteriormente realizados e cos mesmos condicionantes de dimensións dos vehículos.

0.19126296043396