A Librería Agrasar de Monforte acolle a presentación da nova obra de Francisco Narla
Francisco Narla presenta a súa nova obra, Breo. O Celta que desafiou a Roma, na Librería Agrasar de Monforte de Lemos no seu noso establecemento o venres, 9 de xuño,a partir das 20.00 horas.
Breo. O celta que desafiou a Roma é a primeira novela en galego do lugués Francisco Narla, traducida por César Lorenzo e publicada por Aira editorial, autor que xa recibiu o I Premio Edhasa de Narrativas Históricas por Laín, el bastardo e tamén é autor de Assur, Ronin e Donde aúllan las colinas, entre outros títulos.
Narla proponnos desta volta unha novela histórica ambientada na Gallaecia do século I d. C., nos tempos do emperador Nerón, cando se estaba producindo un dos grandes cambios da nosa historia: a fin da cultura galaica (de ámbito celta, afincada nos castros) e a chegada da cultura romanizada (extensión do latín, colonización militar, construción de novas cidades...).
Ademais, a Gallaecia, especialmente a rexión hoxe coñecida como As Médulas, acollía as minas de ouro máis importantes para o Imperio Romano naquel momento, cuxa extracción se sostiña no traballo escravo de miles de persoas.